Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA INCORPOROUSE Á RED ACAMPA POR LA PAZ E ACOLLERÁ A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "M" SOBRE OS ESTIGMATIZADOS "MENAS"
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, participará no acto xunto co fotodocumentalista Xosé Abad, coordinador de Acampa
Narón, 16 de maio de 2024. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, informou que o Concello, a través do citado organismo, incorporouse á Red Acampa por la Paz, unha iniciativa cidadá integrada por varios colectivos e que ten entre os seus obxectivos a defensa dos dereitos humáns, do dereito internacional humanitario e o dereito ao refuxio. No marco da oitava edición do Encontro Internacional Acampa “Infancia e xuventude refuxiada” o Pazo acollerá o vindeiro 22 de maio, ás 19:30 horas, a proxección do documental “M”, no que se relata a dureza das vivencias dos menores migrantes non acompañados que chegan ao noso país na procura dun futuro lonxe da pobreza, a violencia ou as guerras. Ese día presentarase tamén oficialmente no Pazo a Red Acampa por la Paz, á que se incorpora o Padroado da Cultura. A rexedora local asistirá ao acto, no que estará acompañada polo fotodocumentalista Xosé Abad, coordinador de Acampa. Ao remate da proxección do documental as persoas que acodan poderán charlar co guionista do mesmo, o xornalista especializado en migración e dereitos humáns Nicolás Castellano. O documental “M” permite escoitar en primeira persoa aos estigmatizados “menas” e naceu como unha homenaxe a dúas persoas falecidas, Ignacio de la Mata e o pai Gabriel Delgado, cuxo traballo en defensa dos menores non acompañados é un referente. Coa proxección pódese ver a traxectoria de catorce menores que, na maior parte dos casos, remata sendo exitosa.

<<< Novembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal