MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO PARA CONDEAR O ASASINATO MACHISTA DUNHA MULLER EN LUGO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a concentración de repulsa ante este novo caso de violencia de xénero
Narón, 19 de decembro de 2024. Unha muller de 42 anos residente en Viveiro (Lugo), Rejane S. de G., resultou onte asasinada cun arma branca pola súa parella, Ramón C, de 48 anos. A vítima tiña dous fillos e traballaba na citada localidade lucense. Este novo caso de violencia de xénero eleva actualmente a 46 a cifra de mulleres asasinadas no que vai de ano en España.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a concentración, na que se gardou un minuto de silencio e á que tamén acudiron a edil de Igualdade, María Lorenzo, e outros representantes da corporación local, así como traballadoras e traballadores do Consistorio e algúns veciños e veciñas.
Dende o Concello amosouse unha vez máis a total condena e rechazo a este tipo de feitos, ao tempo que se manifestou a solidariedade coa familia e amizades da vítima.