ODEÓN ACTIVA A 5ª EDICIÓN DA CAMPAÑA RE-FASHION PARA RECOLLER ROUPA USADA E DOALA AO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
O Concello de Narón apoia un ano máis esta iniciativa que pretende no só incrementar a vida útil das prendas, senón tamén reducir o seu impacto medioambiental.
Mércores, 23 de setembro de 2026. O 1º andar do Centro Comercial Odeón acolle desde hoxe a campaña Re-Fashion, para a recollida de roupa usada que terá como destino final o Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón, para darlle un segundo uso.
Na presentación desta 5ª edición da campaña participaron a concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, o presidente do Centro de Recursos Solidarios, José Manuel González, e a xerente de Odeón, Cristina Imaz.
As persoas interesadas en colaborar tan só terán que traer as súas pezas e depositalas no caixón que está situado no corredor central do 1º andar (diante das escaleiras civís), desde onde se recollerán para levalas ás devanditas instalacións.
Desde alí, unha parte das pezas entregaranse aos usuarios do CRS, e o resto levarase a Insertega (empresa que colabora co Concello de Narón e que se dedica a reciclar a roupa para reconvertela noutras pezas e mesmo mobles, dándolles así un novo uso). A recollida manterase activa en Odeón ata o próximo 6 de outubro.
Con esta campaña preténdese non só incrementar a vida útil das pezas, senón tamén reducir o seu impacto medioambiental.