Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLE A PRIMEIRA EXPERIENCIA DE INCLUSON, O FESTIVAL MUSICAL ACCESIBLE E INCLUSIVO DO CAMIÑO DE SANTIAGO
O evento, que se celebra o próximo 7 de novembro de 11:00 a 24:00 horas, reunirá no Paseo de Xuvia oito propostas musicais, food trucks e un espazo de artesanía.
Xoves, 22 de outubro de 2026. O Paseo Marítimo de Xuvia, parte da ruta xacobea no itinerario inglés e punto desde o que restan 100 quilómetros para chegar a Santiago, acolle o sábado 7 de novembro a Primeira Experiencia Promocional de Incluson, o Festival Musical Accesible e Inclusivo do Camiño que promove a asociación sen ánimo de lucr Institución Turística Inclusiva, Cultural e Social (I’TICS) coa colaboración do Concello de Narón. A xornada, que se estenderá de 11:00 a 24:00 horas, presentouse nun acto no que participaron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Benestar Social e de Turismo, María Lorenzo e Natalia Hermida, xunto con Rosa María Echevarría, Daniel Ríos e Sergio Viñas, de I’TICS. “Incluson nace dunha reflexión: se queremos que as personas poidan participar e gozar da cultura, a accesibilidade ten que formar parte do deseño desde a súa orixe”, explicou Echevarría, presidenta da entidade social. Ferreiro celebrou que esta proposta se estree en Narón e animou a veciñanza a participar dela. “Para o Concello é unha satisfacción acompañar unha iniciativa que fala do Camiño de Santiago, pero sobre todo de inclusión”, afirmou a rexedora. Interpretación en lingua de signos, mochilas vibratorias, pictogramas e comunicación accesible, espazo de calma e diferentes apoios sensoriais, cognitivos e comunicativos formarán parte da experiencia, pensada para que cada persoa poida encontrar o seu propio xeito de vivila e compartila. O recinto é accesible para persoas con mobilidade reducida e contará con apoio e acompañamento para quen o precise. O festival ten previsto abrir ás 11:00 horas coa inauguración e, un cuarto de hora despois, coa charla “O Camiño non cambia. A Experiencia SÍ”. A música dará comezo ás 12:00 con Só Elas, e ás 13:00 subirá ao escenario Chungo Pastel. Ás 14:00 será a quenda da sesión de Fran Rey DJ e Mas Music DJs. Pola tarde actuarán DiversidArte, ás 17:30; Marcos Mella, ás 19:00; e Batalha, ás 20:30. Nuevo Plan ofrecerá o último concerto da xornada, ás 22:30. Entre os nomes do cartel hai propostas que fan da diversidade parte da súa identidade. É o caso de Chungo Pastel, un grupo de pop-rock vigués nado nas aulas da Fundación Igual Arte, que publicou o disco autoeditado “Sin Filtro” e ten colaborado con artistas como Silvia Superstar, Wöyza, Dakidarría ou Antonio Orozco. Con este último interpretaron o exitoso tema “Piel con piel” composto por Eva García, unha moza con síndrome de Down vinculada á mesma fundación. Pola súa banda, DiversidArte é unha formación instrumental e vocal composta por quince músicos, vinculada á plataforma do mesmo nome, que impulsa o festival das artes inclusivas da Coruña. Fóra do escenario, a experiencia completarase con food trucks como ChichaLovers, Pink & Mint e La Bichota do Paparrúa, este último con opción sen glute. Haberá tamén un espazo de artesanía coa participación de Laura Molero, Zapireza Estudio, Por Mis Ruedas, Pepiña Medias Longas, Chamorro e a Comisión de Festas de Xuvia. Incluson é un festival que conecta música, gastronomía, artesanía, cultura, territorio e persoas, e que convida a vivir o evento desde diferentes realidades e maneiras de experimentalo. Conta tamén co patrocinio da Xunta de Galicia, Xacobeo 2027 e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
Descarga de archivos
Tamaño:2,21 MB

<<< Outubro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal