Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O POLÍGONO DE RÍO DO POZO RENOVA PAVIMENTO NO SEU VIAL PRINCIPAL
As obras, que contan co financiamento do Concello e da Xunta, melloran o acceso dende Narón ata o enlace coa AG-64.
Martes, 27 de outubro de 2026. O Concello de Narón vén de rematar as obras de reforzo do pavimento no vial principal do polígono de Río do Pozo, a avenida Bernardo Romero, moi castigada polo paso constante de camións de gran tonelaxe e polo estado do terreo, de base arxilosa e pouco estable. A intervención consistiu en reforzar as zonas máis deterioradas e repor unha nova capa de aglomerado. Antes de asfaltar fresouse o pavimento antigo nos bordos de cada tramo e limpouse a superficie para aplicar un rego de imprimación que asegura a unión entre capas. As obras afectaron a 1.420 metros lineais de vial, nuns 10.815 metros cadrados entre tramos de carril completo e zonas concretas, e complétanse co repintado da sinalización horizontal e coa posta a cota de rexistros e sumidoiros. O contrato foi adxudicado á empresa Lancer Proyectos y Obras, S.A. por 139.573,50 euros. A obra está cofinanciada pola Consellería de Economía e Industria.

<<< Outubro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal