Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS "PREPARATORIO COMDIX INICIACIÓN" E "LIBREOFFICE INICIACIÓN"
Os dous cursos impartiranse na Aula Cemit de Xuvia entre o 8 de setembro e o 3 de novembro.
Narón, 3 de setembro de 2026. A plataforma Cemit mantén aberto o prazo de inscrición en dous novos cursos, un preparatorio “ComDix iniciaciónl” de 156 horas e outro de “LibreOffice iniciación”, de 120 horas. Así o indicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, que explicou que estas dúas accións formativas comezarán o vindeiro 8 de setembro na Aula Cemit de Xuvia e rematarán o 3 de novembro. A acción formativa “Preparatoria ComDix iniciación” impartirase en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 horas e abordaranse contidos como: coñece a contorna dixital; ten a información dixital sempre a man: buscar, seleccionar e gardar; tecnoloxías dixitais; participa na sociedade dixital; crea contidos dixitais e atopa o benestar dixital. As inscricións poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/55963 No caso do curso sobre “LibreOffice iniciación”, impartirase en quenda de tarde, de 16:00 a 19:00 horas, cos seguintes módulos: introdución ao entorno de traballo, uso do teclado e xestión de arquivos; LibreOffice Writer (procesador de textos); LibreOffice Calc (follas de cálculo) e LibreOffice Impress (presentacións). Neste caso, as inscricións poden realizarse no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/55958 En ambos casos as persoas interesadas poderán anotarse de balde, estando limitada a asistencia a cada curso a un máximo de 12 persoas.

<<< Setembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal