Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A III RUTA CABALAR CIDADE DE NARÓN SAE O 10 DE OUTUBRO E INCLÚE XANTAR POPULAR PARA TODOS OS PÚBLICOS
O Concello colabora coa Asociación Cabaleiros de Narón na organización da xornada que tamén contará con animación e hinchables para a cativada. As inscricións están abertas ata o próximo 8 de outubro.
Luns, 28 de setembro de 2026. A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou este luns no Concello a III Ruta Cabalar Cidade de Narón, que organiza a Asociación Cabaleiros de Narón o próximo sábado 10 de outubro coa colaboración do Concello e do Padroado de Deportes. Ao acto asistiron tamén o presidente da asociación, Diego Díaz Ramos, e o secretario, Ramiro Pérez Macías. Segundo explicaron, a xornada comezará ás 9:00 horas coa recepción dos participantes no Camiño da Feira, 33, onde se servirán café e un almorzo de benvida. A saída da ruta será ás 10:00 horas e, a medio camiño, farase unha parada para tomar uns petiscos. Ás 14:30 horas terá lugar o xantar popular no recinto das naves da Feira do Trece, cun menú de bebida, callos, churrasco, sobremesa, café e chopo. Para os máis pequenos haberá a posibilidade dun menú infantil de tortilla, pizza ou nuggets. Mar Gómez destacou que “para o Concello é un pracer colaborar coa asociación nesta terceira edición. A ruta ten cada vez máis seguemento, e a idea é que tamén poida achegarse ao xantar quen non monte a cabalo e pasar o día en familia”. A participación na ruta e no xantar custa 15 euros para as persoas socias da asociación e 30 para as non socias. Os menores de 12 anos pagan 15 euros e quen só queira asistir á comida abonará 25 euros. Ao longo da tarde haberá ademais animación e hinchables para nenos e nenas. As persoas interesadas poden inscribirse ata o xoves 8 de outubro. Deberán enviar a folla de inscrición cuberta e o xustificante de pagamento por WhatsApp a calquera destes tres contactos: Diego (677 193 977), Rami (637 568 347) ou Raúl (610 697 102).
Descarga de archivos
Tamaño:756,20 KB

<<< Setembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal